Feitoría Verde

Viveiro de Plantas Ecolóxicas Reclame este anuncio

Feitoría Verde é unha cooperativa de mulleres centrada na sustentabilidade ambiental e social.
Traballamos en dous eidos diferentes pero complementarios entre si:

  • Educación e participación socioambiental. Para máis info premaaquí.
  • Produción de planta agroecolóxica para horta.

O viveiro de plántula hortícola en ecolóxico pretende dar resposta a unha necesidade detectada dentro do mercado galego da agricultura ecolóxica: a dispoñibilidade de planta. Deste modo, o proxecto, ademais de buscar o autoemprego, supón unha mellora da competitividade das explotacións agroecolóxicas galegas e facilita a incorporación de novos labregos e labregas ao sector ecolóxico. Isto implica unha mellora económica e ambiental para o medio rural, ademais de xerar un “plus” de calidade nas explotacións.

Coa posta en marcha do noso viveiro perseguimos os seguintes obxectivos:

– Crear emprego directo no medio rural mediante unha actividade sustentable desde un punto de vista ambiental, económico e sociocultural.

– Fomentar o cultivo profesional de hortalizas ecolóxicas, coa xeración dun produto que mellora a competitividade dos produtores e produtoras neste modelo e facilita a incorporación de novas persoas neste campo.

– Fomentar o cultivo de hortalizas ecolóxicas a nivel de auto-consumo, promovendo o coidado do medio ambiente, a mellora da calidade ambiental, o aproveitamento dos recursos endóxenos e o consumo de alimentos sans.

– Servir como ponte entre o medio rural e zonas urbanas a través da subministración de planta para hortas urbanas, hortas de balcón, etc.

– Mellorar a calidade medioambiental do territorio aumentando a extensión de cultivo ecolóxico e potenciando os beneficios económicos e sociais que este aumento ten.

– Promover a recuperación e posta en valor de recursos naturais endóxenos como as variedades hortícolas tradicionais.

– Potenciar a soberanía alimentaria e o consumo responsable.

– Recuperar, divulgar e partillar o re-descubrimento das características organolépticas dos produtos, os coñecementos, o saber-facer e as prácticas socioculturais tradicionais e sustentables vinculadas a este tipo de actividade.

– Pór en marcha un proxecto de economía social viable económica, social e ambientalmente.

Queremos conocer su opinión sobre este negocio

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

3 × 2 =